Diariamente é moita a presión que sofren as mulleres debido a unha serie de estereotipos que erroneamente "deben cumprir". Isto sucede moito antes do nacemento, cando, ao saber o sexo do bebé comézase a mercar a súa roupa, a decorar e pintar a súa habitación, a mercar os xoguetes...
Por todo isto, propoñemos unha serie de actividades que deben realizar os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria para que normalicen que non hai unha determinade actividade, cor, deporte... que se deba facer en función do sexo co que se nace.
1. Nin de homes nin de mulleres:
2. Que queres ser de maior?
3. Contos:
4.Existe a igualdade?: Perténdese que os nenos e as nenas reflexionen acerca dos estereotipos que hai na nosa sociedade, relacionando o que se considera adecuado para cada sexo. Ademais, tamén deben relacionar que é o que se debe acadar e eliminar na nosa sociedade.
5. Clasificar roles de xénero: Hai cinco adxectivos ou actividades que teñen que relacionar co sexo ao que se lle asigna iso na nosa sociedade. Isto faralles reflexionar acerca dos estereotipos.
6.O noso papel na sociedade: É un exercicio no que teñen que completar os ocos de forma correcta para formar un breve texto no que se explica que son os estereotipos e onde están presentes na nosa sociedade.
7.Muller e deporte:
8.Conto desmontando esteriotipos de xénero: O rei da nada
9.Equidade e igualdade. Elas tamén xogan.