As mulleres, ao longo da historia, fixeron numerosas aportacións pero, por ser mulleres, foron discriminadas e sufriron a invisibilización de todo o aportaron á humanidade. É por iso que, a continuación, preséntanse unha serie de actividades feitas por nós que tratan a temática das mulleres importantes tanto en Galiza como en todo o mundo. O obxectivo disto é que os nenos e as nenas valoren as aportacións que fixeron para que a discriminación que sufriron estas non continúe reproducíndose e que estas mulleres sexan visibilizadas. É moi importante ensinarlles aos nenos e nenas dende pequenos/as isto porque son o futuro da nosa sociedade.
1. As mulleres nas nosas letras.
1. Rosalía de Castro: É unha adiviñanza na que, a partir dunha serie de pistas, deberán adiviñar cal é a autora da que se está a falar.
2. Mulleres destacadas en Galiza.
4.Obras e autoras Galegas
4.María Victoria
5.Autoras Galegas
6.Igualdade
Mulleres destacadas doutros países:
1. Mulleres importantes na nosa historia: É unha actividade na que se presentan unha serie de preguntas de resposta múltiple sobre a vida, aportacións e obras de autoras importantes que, por ser mulleres, foron escondidas sempre.
2.Marie Curie: É unha actividade que se trata de ordear palabras para formar unha frase sobre quen foi Marie Curie, xa que foi unha muller que fixo moitas aportacións no ámbito científico.
3.Mulleres importantes: Esta actividade ten como obxectivo que os nenos e as nenas visualicen seis mulleres importantes mentres o seu profesorado lles fala acerca da súa vida e das súas importantes aportacións.